Os días 1, 2 e 3 de Xullo celebrouse en A COruña o XX Congreso Nacional FEPAL que contou coa presenza de Marc MOnfort e Adoración Juárez, así como a participación de TADEGa que compartiron valiosisimas experiencias cos profesionais asistentes ao congreso. Quero destacar a presentación dunha comunicación sobre a estimulación da linguaxe en Educación Infantil por parte dunha persoa moi importante para min ao longo de este ano, Patricia Pena Barbeito, a mestra de Audición e Linguaxe do meu Departamento este curso. Patricia destacou a importancia de previr as posibles dificultades de linguaxe en educación infantil(unha asignatura pendiente no campo da orientación, xa que ás veces a prevención secundaria ocupa gran parte do tempo e imos deixando un pouco esquecida a importancia da prevención primaria). Quédome coa frase final da súa comunicación, que forma parte noso querido refraneiro popular: "más vale previr que logo lamentar".
Podedes acceder a máis información sobre o congreso no seguinte enlace:ç
XX CONGRESO NACIONAL FEPAL