
Ninguén dubida da importancia de abordar hoxe en día a convivencia dende os centros escolares. Conscientes disto, ó longo do curso pasado estivemos traballando na elaboración dun Plan de Convivencia. Este Plan constituiu unha oportunidade para repensar e reflexionar sobre as relacións entre todas as persoas que integran o centro e una ocasión única para avanzar no logro dun clima de convivencia pacífico.
Seguir Lendo...
Produto desta reflexión e da observación da dinámica de convivencia detectáronse unha serie de necesidades ás que había que dar resposta.
En primeiro lugar, quedou patente que os problemas no patio, aínda que non sendo graves, eran constantes, o que obrigaba ao profesorado, especialmente ao director, a adicar gran parte do tempo a resolver pequenos conflitos entre o alumnado. Esto levounos a optar por medidas que fomentasen a autonomía do alumnado na xestión dos seus propios conflitos, xa que estes son, por un lado inevitables nas relacións entre as persoas, e por outro, poden constituír unha oportunidade para a aprendizaxe a través da resolución pacífica. O resultado foi a aparición do FALADOIRO, un espazo para favorecer o diálogo e chegar a acordos entre as partes implicadas nun conflito, sen a intervención de terceiras persoas e evitando a dependencia dos adultos na resolución dos problemas interpersonais cos iguais.
O “Faladoiro” conta con dúas cadeiras e unha mesa. Enriba das cadeiras hai una boca e una orella, que indican cal é a cadeira na que se pode falar e cal é a cadeira na que hai que escoitar, de forma que, primeiro un fala mentras o outro escoita e logo teñen que cambiar os papeis cambiando de cadeira. Desta forma, traballamos no desenvolvemento das habilidades de escoita activa e de negociación. Unha vez que expresan os seus sentimentos e opinións sobre os feitos, deben chegar a un acordo para resolver pacíficamente o conflito e reflectilo nunha folla, de xeito que estamos potenciando a reflexión e intentando previr a reaparición da conducta.
Outra medida que se puxo en marcha este ano, foi a recopilación de materiais (fichas de actividades adapatadas a cada idade) para favorecer a reflexión do alumnado que manifesta una conduta contraria ás normas de convivencia do centro. Chegamos a conclusión de que as sancións ante estes comportamentos non son suficientes, senón que é necesario introducir outras medidas de carácter máis educativo e construtivo; medidas que fomenten a reflexión sobre os problemas cotiás que aparecen inevitablemente no colexio, para que constitúan una oportunidade para aprender a regular o seu comportamento, a relacionarse mellor cos demais, a poñerse no lugar das outras persoas, … Desta forma, o alumnado que comete unha falta recibe a súa sanción, pero tamén realiza unha actividade de reflexión que lle proporciona una oportunidade para aprender.
A prioridade que para o centro adquiriu a creación dun clima de convivencia positivo, levounos a incluir as capacidades afectivo-sociais nos boletíns de avaliación dos nosos alumnos e alumnas, dada a importancia de proporcionarles una formación integral, na que non só importan os contidos, senón que formamos persoas, nenos e nenas que van ter na súa man a construcción dunha sociedade onde a convivencia pacífica sexa unha realidade posible.
No hay comentarios:
Publicar un comentario