
Durante as Xornadas de TIC e TEA de Santiago de Compostela, organizadas por AUTISMO GALICIA puiden coñecer a existencia e o funcionamento dunha ferramenta moi útil no campo das necesidades específicas de apoio educativo. Chámase TIC TAC. É unha ferramenta que pretende facilitar o manexo dun concepto tan abstracto como é o tempo.
Está deseñado para ser empregado especialmente con persoas con TEA, pero tamén é útil noutros casos. No desenvolvemento da miña actividade profesional pode ser un instrumento moi útil para traballar cun neno cunha plurideficiencia de forma que ten alteracións a nivel cognitivo, perceptivo e psicomotor.
No meu traballo diario resúltame moi costoso explicarlle o tempo que ten que adicar a unha tarefa, que se rematou unha clase na que estamos desenvolvendo actividades altamente motivadoras para el, que debe esperar mentras o adulto realiza outra acción, etc.
Esta ferramenta pode ser de gran utilidade para unha labor que resulta moitas veces complexa e difícil.
ENLACE PARA ACCEDER Á PÁXINA DE DESCARGA DO TIC TAC
Unha vez na páxina do grupo de autismo da universidade de valencia hai que entrar na sección de FUNDACIÓN ORANGE.
No hay comentarios:
Publicar un comentario