
O obxetivo deste libro é ser un instrumento de axuda para conseguir que aqueles que se relacionan cun neno con SA aprendan a saber exactamente que é o que lles ocurre e que cheguen a entender o porqué do seu comportamento

Libro publicado por Autismo Burgos, destinado principalmente a irmáns de entre 5 e 8 anos de idade, tamén pode ser utilizado por outros familiares (curmáns, avós,...) e por outros colectivos (colexios, grupos de ocio,...).

Esta publicación, en formato de conto, vai dirixida a todos os nenos ós que se pretenda educar na aceptación da diversidade, non só ós que teñen un irmá/n con autismo. Pero, ademais vai, dirixida ós pais que non saben qué explicación deben dar ós seus fillos/as cun 'desenvolvemento típico' acerca do autismo. E, tamén vai dirixida ós docentes. Eles tamén se enfrontan ás preguntas que formulan os seus alumnos cando hai un neno con autismo integrado na aula.

Este conto vai dirixido aos nenos e nenas. Podería parecer que os seus destinatarios exclusivos serán os irmáns dos nenos con autismo e seria verdade porque se escribiu pensando neles e centrándose nas súas preguntas, curiosidades, ... no seu modo de percibir ós seus irmáns con TEA. Pero esta dirixido a todos os nenos e nenas, ós que teñen na súa clase integrado a un neno con autismo, ós que teñen entre os seus veciños a un neno ou nena con TXD non especificado, ós que teñen un curmán con disfasia.... E a todos os demais nenos e nenas: aos que queremos educar na aceptación da diversidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario