
"María y yo" é unha longometraxe documental que se adentra no autismo a través dun caso concreto: o do debuxante Miguel Gallardo e a súa filla María, de 14 años. A película serve de adaptación cinematográfica para un dos cómics do propio Gallardo e foi dirxida polo debutante Félix Fernández de Castro. O día a día dos protagonistas, coas súas pequenas alegrías e os seus problemas de convivencia, amósase ao espectador con naturalidade, intentando aportar unha mirada diferente sobre a discapacidade da xoven.
O documental tamén inclúe testemuñas das persoas que realmente conocen aos protagonistas e algunhas opinións anónimas.
“María y yo” é finalista na categoría de mellor película documental nos premios Goya 2011
AUTISMO ESPAÑA apoia este documental a través do convenio asinado coa Fundación Orange, productora asociada da película, para difundir e facer chegar á sociedade os rastornos do Espectro do Autismo acercándoos ademais, a persoas con discapacidade visual ou auditiva dentro do seu proxecto de Cine Accesible.
Crucemos os dedos. Moita sorte.
No hay comentarios:
Publicar un comentario