Xa facía un par de cursos que non traballaba no reforzo da lectoescritura e cada vez son máis consciente da importancia dunha aprendizaxe menos mecánica e máis baseada nas experiencias multisensoriais e no reforzo da conciencia fonolóxica, deste xeito cada unha das letras que imos aprendendo observámola, sentímola, pronunciámola,... de forma que as actividades son un abano de actividades que pasan por:
- Picado e coloreado da letra
- Repasamos a letra con pintura de dedos e con pincel
- Moldeámola con plastilina
- Usamos o fonodil para atopar palabras que levan esa letra combinada coas vogais e escribimos a sílaba nunha pizarra villeda pequeniña.
- Xeneramos palabras coñecidas coas sílabas que coñecemos.
- Saltamos no chan dunha sílaba a outra según diga a profe.
- Repasamos a grafía en papel
- Identificamos esa grafía sola e/ou combinada coas vogais nas palabras.
- Coas pinzas formamos a sílaba que contén unha palabra (en loro "lo" por exemplo se traballamos coa letra "l").
No hay comentarios:
Publicar un comentario