
Esta fin de semana estiven nas primeiras xornadas que a asociación Autismo-Galicia organizou en Santiago de Compostela sobre as TIC e o Trastorno do Espectro Autista.
Grazas a estas xornadas tiven a oportunidade de escoitar a John LeSieur, creador do primeiro navegador GRATUÍTO para nenos e nenas con TEA, o Zac-Browser, que presentaba por primeira vez en Europa, EN SANTIAGO!!! E alí estaba eu!!!
Jonh explicounos a utilidade deste navegador para acercar ós nenos e nenas con TEA á realidade virtual, difícil de entender para nós pola súa extensión ilimitada e, moito máis para estes rapaces e rapazas, que teñan xa dificultades para entender o seu propio mundo, para máis comprender algo tan extenso, tan pouco tanxible, ...
O navegador ZAC (denominación na nosa lingua) simplifica a web eliminando opcións como a tecla dereita do rato, as opción do tipo imprimir, eliminar, atrás, etc. e permítelles ter aceso ós contidos favoritos de cada neno/a unha e outra vez, ben sexan xogos, vídeos, música, etc. dende calquera punto do mundo no que exista conexión a Internet.
Por outra banda, proporciónalles a estabilidade que precisan (evitando os acontecementos inesperados que tanto lles custa afrontar e que poden levar nalgúns casos a condutas violentas.
Tanto John como Iago Seara (tradutor do Zac Browser ó castelán) contaron as perspectivas de futuro do navegador nas que están traballando xa, como a búsqueda de xente para traducilo a máis idiomas, a versión para Mac, ... e sobre todo, o paso da Web 1.0 (que é estática e non permite as modificacións) á Web 2.0, que se espera que saia no 2009 como WikiBro. Esta versión permitirá a interacción coa apliación, as modificacións de categorías de selección, a creación e elección duns favoritos, ... de modo que cada familia ou profesional poderá crear o entorno virtual que consideran máis axeitado para o neno ou nena.
Dende os vínculos do final do blog pódese acceder á páxina de descarga do Navegador Zac na versión 1.0.
1 comentario:
Hola Rocio,
El equipo del Navegador ZAC te agradece la inclusión de la noticia de la presentación de ZAC en tu blog. Nosotros sabemos que funciona, y nos gusta comprobar que profes como tu han entendido las posibilidades que ZAC abre para los niños y en especial para niños con necesidades educativas especiales. Así que personalmente nos sentimos muy bien de ver que compartes nuestra ilusión.
Muchas gracias
Jonh, Iago, Esther, Diego y Arturo.
Publicar un comentario