RECURSOS PARA MESTRAS E MESTRES QUE TRABALLAN CON ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO
AS COUSAS SON IMPOSIBLES MENTRAS O PARECEN. Concepción Arenal Non imos falar de adaptación e integración. Eles como persoas que son, xa están adaptados e integrados na sociedade. É a sciedade a que ten que abri os ollos e velos. Leonor Martínez Monera
Mostrando entradas con la etiqueta Integración tardía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Integración tardía. Mostrar todas las entradas
lunes, 4 de junio de 2018
jueves, 31 de mayo de 2018
ENSINANZA ELE: ANIMAIS E CURRÍCULO DE CIENCIAS NATURAIS
Ao tempo que traballo o vocabulario de animais aproveito para introducir os contidos de Ciencias Naturais: animais salvaxes/domésticos, terrestres/acuáticos/aves, herbívoros/carnívoros e vertebrados/invertebrados; coma sempre facendo uso dos pictogramas de ARASAAC. A ver que vos parece:
lunes, 21 de mayo de 2018
TRABALLANDO O VOCABULARIO DAS FORMAS XEOMÉTRICAS E REPASANDO O DO CORPO HUMÁN E AS EMOCIÓNS
Para traballar as formas xeométricas básicas na clase de ELE aproveitei para repasar ao tempo algunhas partes do corpo: pernas, pés, brazos, mans, pestanas, cellas, ollos, etc. e as expresións faciais para traballar o vocabulario das emocións: "El triángulo rosa está sorprendido" por exemplo. Ao meu alumno encantoulle. De agasallo leveime un sorriso e unha aperta.
lunes, 14 de mayo de 2018
VOCABULARIO ROUPA: LAVAR E TENDER
Hoxe repasamos o vocabulario das prendas de vestir cunha lavadora que fixemos para a roupa sucia e que imos sacando prenda a prenda e repasando nome e cor (pantalón verde) e tendendo con pinzas para que se seque.
domingo, 13 de mayo de 2018
VOCABULARIO ANIMAIS PARA ALUMNADO DE INTEGRACIÓN TARDÍA
Estos días estou preparando o material para traballar o vocabulario dos animais e de paso abordar parte do currículo do curso no que está escolarizado o meu alumno, 1º de Primaria. A través de material manipulativo (xoguetes que representan os animais fáciles de adquirir en calquera xoguetería) e visual (moitas imaxes) intentarei traballar qué animais son domésticos/salvaxes, carnívoros/herbívoros, vertebrados/invertebrados, etc. aquí vos deixo o que preparei para que comprenda que os animais domésticos viven en granxas e co ser humano e os salvaxes libres no aire, na terra ou no mar. Espero poder ensinarvos os resultados do traballo.
martes, 17 de abril de 2018
FRASES CO VOCABULARIO DE ANIMAIS E PARTES DO CORPO
Aproveitando que estou traballando as partes do corpo co meu alumno de 6 anos que está aprendendo español e o seu gusto polos animais, busquei estas imaxes para poder traballar á vez o vocabulario do corpo, dos animais e a estructura de frases sinxelas como "La jirafa tiene el cuello muy largo", "La araña tiene 8 patas", etc.
lunes, 9 de abril de 2018
VOCABULARIO CASA, CORPO E ROUPA
Aquí quedan algúns materiais máis para a adquisión de vocabulario: dous bingos para ir coloreando a medida que o neno elixe unha tarxeta na que aparece o nome escrito e que lle leo para que recoñeza e coloree e outro para asociar as partes do corpo coa roupa, sempre intentando que o neno diga o nome dos pictogramas que vai relacionar; no caso de que non sexa capaz de nomealos, é importante que verbalicemos os nomes.
martes, 27 de febrero de 2018
MATERIAL PARA TRABALLAR VOCABULARIO DOS ALIMENTOS
Ademais de material manipulativo (xoguetes) e imaxes, láminas,... outra forma de traballar os alimentos é a través do menú do comedor; por iso con platos de plástico e imaxes preparei este material que serve para traballar os alimentos con diversas actividades: poñer a mesa cos pratos que lle imos indicando, clasificar as comidas que lle gustan e as que non, anticipar o menú do día, etc.
ENSINANZA DE ESPAÑOL: VOCABULARIO "A RÚA"
Material para traballar o vocabulario da rúa de forma máis manipulativa e con nenos máis pequenos, coa finalidade de non só empregar láminas e pictogramas, de modo que aumentamos a motivación e a atención. Coa figura dun boneco podemos dar instruccións do tipo "Dani vai ao centro de saúde", "Iván cruza a rúa", etc. O material está elaborado con material de refugallo: caixas, tetrabricks, etc.sábado, 27 de enero de 2018
ENSINANZA DO CASTELÁN AO ALUMNADO PROCEDENTE DO ESTRANXEIRO
Aquí vos deixo o material que ata o momento fun elaborando este semana para traballar cun alumno de 6 anos procedente de Marrocos que descoñece as dúas linguas oficiais. O material foi elaborado cos pictogramas do portal de ARASAAC e inncorporando o material do portal de educación de Castilla la Mancha. Tamén aparecen as imaxes dun colexio e dunha casa con ventás e portas recortadas para abrir e pechar e ver as diferentes habitacións e poder nomealas: comedor, patio, clase, etc. Espero que vos sexa de axuda.
lunes, 17 de febrero de 2014
VÍDEO: Dereitos humanos e inmigración. Motivos para emigrar.
Conseguín pasar a presentación de PowerPoint coa música insertada a vídeo usando como ferramenta Leawo PowerPoint to Video Free e aquí tedes o resultado. Está en Inglés pero é moi sinxelo de usar.
PRESENTACIÓN SOBRE AS DIFICULTADES DA INMIGRACIÓN
Esta presentación que vos deixo para sensibilizar ao alumnado con todo o sucedido estes en relación coa inmigración leva dez anos feita, foi un dos meus traballos de doctorado. Falta a música da presentación que era "El estrecho se hizo eterno". Por desgraza 10 anos despois seguimos cos mesmos problemas e actitudes racistas.
jueves, 24 de enero de 2013
miércoles, 12 de diciembre de 2012
APRENDER VOCABULARIO DE CORES E FORMAS
Cun neno tan inquieto teño que pensar en formas diferentes de traballar ao longo da sesión. Esta idea está inspirada en material que elaborara para un neno de Infantil Ana, unha amiga de PT en Quiroga. O único que se precisa é Airon-Fix de diferentes cores para pegar no solo da aula. A actividade consiste en que o neno ten que ir saltando en función da instrucción que lle demos. Por exemplo, "pega un salto ao círculo azul pequeno". Despois será o neno o que nos dicte as instruccións para que faga uso do vocabulario. Unha vez probado o experimento e vistos os aceptables resultados escribín dentro de cada figura con rotulador permanente sílabas coas letras "m" e "p" que estamos traballando para a adquisición da lectoescritura. A ver se ten os mesmos resultados!!
domingo, 9 de diciembre de 2012
APRENDEMOS A LER XOGANDO AOS BOLOS
Esta idea ocorréuseme a partir dun material que creara fai tempo Patricia Pena (FALANDO ENTÉNDESE A XENTE) para poder traballar a lectoescritura co meu alumno procedente de Bulgaria. Teño un neno moi movido e preciso ter materiais que lle permita moverse ao tempo que aprende a combinación de consoante máis vogal, por ahora traballo só coa "p" e a "m". A ver como vai a experiencia...
martes, 27 de noviembre de 2012
domingo, 18 de noviembre de 2012
jueves, 15 de noviembre de 2012
domingo, 11 de noviembre de 2012
FICHAS DE LECTOESCRITURA E DE NUMERACIÓN
Aquí vos deixo máis material para traballar a lectoescritura en papel que preparei para o meu alumno procedente de Bulgaria. Todas as imaxes son procedentes dos pictogramas de ARASAAC.
Tamén vos quedan os enlaces para as letras S e L.
Lectoescritura S
Lectoescritura L
Ademais tamén preparei mateiral para traballar a numeración a partir do 10 (ata esa cantidade non ten problema) e introducir o concepto de decena:
E tamén:
Números do 20 ao 30
Tamén vos quedan os enlaces para as letras S e L.
Lectoescritura S
Lectoescritura L
Ademais tamén preparei mateiral para traballar a numeración a partir do 10 (ata esa cantidade non ten problema) e introducir o concepto de decena:
E tamén:
Números do 20 ao 30
sábado, 10 de noviembre de 2012
LIM LETRA M
Teño un novo alumno, ten 7 anos e procede de Bulgaria, polo que descoñece a nosa lingua. Con este LIM pretendo traballar o vocabulario e a lectoescritura, a ver que vos parece.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
A MIÑA INTENCIÓN: Buscando vieiros cara a comunicación
Este blog está dirixido especialmente á aqueles profesionais que están traballando con alumnado que precisa dun sistema alternativo de comunicación á lingua oral para interactuar co seu medio social.
Pero tamén pretende acercar a realidade destes nenos ó resto do profesorado, ás familias e a unha sociedade á que é preciso concienciar das necesidades de nenos non orais pero que tamén se comunican aínda que non sexa a través dos códigos ós que estamos acostumados, como son a linguaxe oral e a escrita.
Ás veces, os nosos alumnos/as non cumpren os prerrequisitos para acceder ós SAC (Sistemas ALternativos de Comunicación) ou non é posible que sigan a metodoloxía que se recomenda para a súa ensinanza-aprendizaxe. Eso non significa que non sexan capaces de comunicarse. Si o fan, tan só hai que estar dispostos a buscar a vía para chegar á comunicación.
A FLEXIBILIDADE debe guiar a nosa intervención e a crenza en que non só son estes nenos e nenas os que deben aprender un SAC senón que TAMÉN NÓS TEMOS QUE APRENDER A ESCOITAR AS SÚAS MENSAXES, emitidas en ocasións dende o silencio.
Pero tamén pretende acercar a realidade destes nenos ó resto do profesorado, ás familias e a unha sociedade á que é preciso concienciar das necesidades de nenos non orais pero que tamén se comunican aínda que non sexa a través dos códigos ós que estamos acostumados, como son a linguaxe oral e a escrita.
Ás veces, os nosos alumnos/as non cumpren os prerrequisitos para acceder ós SAC (Sistemas ALternativos de Comunicación) ou non é posible que sigan a metodoloxía que se recomenda para a súa ensinanza-aprendizaxe. Eso non significa que non sexan capaces de comunicarse. Si o fan, tan só hai que estar dispostos a buscar a vía para chegar á comunicación.
A FLEXIBILIDADE debe guiar a nosa intervención e a crenza en que non só son estes nenos e nenas os que deben aprender un SAC senón que TAMÉN NÓS TEMOS QUE APRENDER A ESCOITAR AS SÚAS MENSAXES, emitidas en ocasións dende o silencio.
A COMUNICACIÓN NON TEN POR QUÉ TER PALABRAS
QUÉ É UN SAAC (Sistema Alternativo ou Aumentativo de Comunicación)
A Comunicación Aumentativa e Alternativa enténdese nun sentido amplo como un conxunto de todas as opcións, sistemas ou estratexias que se poden empregar para facilitar a comunicación de toda persoa que ten dificultades graves para a execución da fala seguindo a TORRES (2001) no seu libro "Sistemas Alternativos de Comunicación. Manual de comunicación aumentativa y alternativa: sistemas y estrategias".
A ESENCIA DUN SISTEMA ALTERNATIVO DE COMUNICACIÓN
Ó longo dos anos e a través de múltiples investigacións e traballos imos deseñando sistemas para comunicarnos con aquelas persoas que non poden facelo a través da lingua oral. Á par que creamos estes sistemas, tamén deseñamos a metodoloxía que parece máis aconsellable para o seu ensino-aprendizaxe.
Pero nalgúns casos, as persoas non cumpren os criterios necesarios para chegar a aprender estes sistemas.
Pero nalgúns casos, as persoas non cumpren os criterios necesarios para chegar a aprender estes sistemas.
Programa do Plan de apoio no que me baseo para ensinar un SAAC
COMO ESTOU ENSINANDO UN SISTEMA ALTERNATIVO DE COMUNICACIÓN
Con esta pequena explicación non pretendo ensinar a ninguén cómo é o método para ensinar símbolos pictográficos, senón contar a miña experiencia cando iniciei este traballo cun neno non oral que non estaba acostumado a utilizar pictogramas e cunha capacidade de atención e concentración moi baixa.
Partín do seu interese pola música para atraer a súa atención e incentivar a súa motivación; de modo que para cada "picto" elaborei unha presentación de powerpoint na que se combinan música e imaxes. Estas imaxes que vai visualizando na presentación correspóndense con representacións reais dos obxectos que queren simbolizar os pictos, de modo que lle proporcionamos ó neno un montón de imaxes do mundo real (e nalgúns casos debuxos) para que comprenda o significado de cada símbolo. A intención é proporcionarlle as experiencias máis reais e significativas posible.
Desta forma para ver a presentación multimedia (ELEMENTO MOTIVADOR) o neno ten que coller o picto correspondente.
Partín do seu interese pola música para atraer a súa atención e incentivar a súa motivación; de modo que para cada "picto" elaborei unha presentación de powerpoint na que se combinan música e imaxes. Estas imaxes que vai visualizando na presentación correspóndense con representacións reais dos obxectos que queren simbolizar os pictos, de modo que lle proporcionamos ó neno un montón de imaxes do mundo real (e nalgúns casos debuxos) para que comprenda o significado de cada símbolo. A intención é proporcionarlle as experiencias máis reais e significativas posible.
Desta forma para ver a presentación multimedia (ELEMENTO MOTIVADOR) o neno ten que coller o picto correspondente.
ENLACES PARA A ELABORACIÓN DE PICTOGRAMAS E TABOLEIROS DE COMUNICACIÓN
- FALA SIGNADA
- BANCO DE IMAXES FOTOGRÁFICAS
- PICTOS SCLERA (en Inglés)
- Pictogramas variados agrupados en categorías (en italiano)
- Páxina web co material didáctivo de apoio á comunicación baseado no SPC
- Programa para a ensinanza dun SAAC do Colexio Joan Miró da Comunidade de Madrid que recibiu o premio de innovación
- BOARDMAKER: base de datos gráfica na que se pode dispoñer de plantillas para crear listados, xogos, follas de traballo, etc. con pictos
- Páxina con debuxos, gráficos, etc. animados
- Blog no que descargar GIFS animados
- Diccionario de imaxes do portal educativo de ARAGON (válido tamén para o alumnado de integración tardía)
- Tarxetas con picotogramas MOI UTILES PARA SECUENCIAS incluso para secuenciar como debuxar un obxecto, animal, etc.
- Diccionario visual LEO LO QUE VEO
- Página de información para persoas que se comunican a través de símbolos
- Contos con pictogramas
- Pictogramas do portal "Disfasia en zaragoza"
- PAXINA DE AUMENTATIVA.NET
- Albumes con fotografías, imaxes,... de picasaweb
- Banco de imaxes para pictogramas da asociación TADEGA
- Materiais para elaborar pictogramas do portal educativo de Aragón
BANCOS DE SONS E DE IMAXES para elaborar presentacións dos referentes dos pictogramas nun SAC
Centro de Referencia Estatal de Autonomía Persoal e Axudas Técnicas (Ceapat)
SINTETIZADORES DE VOZ: convertir textos, contos, etc. en mensaxes de voz.
TECNOLOXÍA INCLUSIVA
BIBLIOGRAFÍA PARA TRABALLAR CUN SAAC
- Páxina da asociación española para o desenvolvemento dos SAAC
- HODGDON, Linda (2005): Estrategias visuales para mejorar la comunicación. Ayudas prácticas para la escuela y el hogar. QuirkRoberts. EEUU. ISBN: 0-9616786-4-X
- LÓPEZ DE MURILLAS, E.M. (Coord.) (2006): Lectoescritura para todos. Ministerio de Educación y Ciencia. servicio de publicaciones del MEC (www.mec.es) ISBN: 970-84-369-4456-3
- DÍAZ CARCELÉN, L. (2003): Las voces del silencio. Una comunicación sin límites. Consejería de Educación y Cultura. ISBN: 84-7564-262-2
- TORRES, S. (2001): Sistemas alternativos de comunicación. Manual de comunicación. ISBN: 8497000315
RECURSOS AUDICIÓN E LINGUAXE
- CONTOS COS SINFÓNS
- Actividades LIM cos sinfóns TR, BR e PR
- Actividades para traballar os grupos tr-cr-pr-br-dr de ANAYA
- ABECEDARIO: traballar a conciencia fonolóxica co abecedario
- Paquete de actividades con sons e imaxes para traballar a separación silábica das palabras
- Actividades JClic cos grupos consonánticos
- ANICLIC - Xogos coas sílabas e os animais
- Sílabas TRABADAS
- Actividades coas sílabas TRABADAS
- Sílabas INVERSAS
- Actividades con SÍLABAS INVERSAS
- Actividades JClic co grupo CL
IMAXES PICASSA DO BLOG DE PROFES DE AL
RECURSOS ESPACIO LOGOPEDICO
WEB DE LOGOPEDIA
COMUNICA: FERRAMENTAS PARA A MELLORA DA COMUNICACION DE PERSOAS CON ALTERACIONS NA FALA
DISFAM Asociación Dislexia e Familia
Disfam está integrado por familias con fillos e fillas con dislexia, profesionais de diferentes ámbitos, adultos disléxicos etc, que decidiron agruparse sensibilizados polas dificultades de aprendizaxe durante a etapa infantil e adulta e tamén polas consecuencias emocionais que este trastorno conleva.
RECURSOS PARA TRABALLAR CO ALUMNADO DE INCORPORACIÓN TARDÍA
XOGO DOS MUNDOS
OUTROS RECURSOS PARA EDUCACIÓN PRIMARIA
- Coñecer e traballar as ESTACIÓNS DO ANO
- Aplicación flash para traballar a memoria (recordar cifras)
- XOGOS CLIC PARA O PROFESORADO DE APOIO
- RECURSOS PARA A ACOLLIDA E A ATENCIÓN DO ALUMNADO DE INTEGRACIÓN TARDÍA
- MATERIAIS PARA A TERAPIA MIOFUNCIONAL (LOGOPEDIA)
- CONCIENCIA SILÁBICA
- MATERIAIS E SUXERENCIAS PARA TRABALLAR CON ALUMNADO CON TDAH
FONDOS BIBLIOGRAFICOS PARA AS AULAS DE APOIO EDUCATIVO
RECURSOS PARA EDUCACIÓN INFANTIL
- COMO SE CHAMA. Aprender as vogais completando palabras
- A WEB DE ANTONIA ORTEGA. Recursos para Educación Infantil e para NEAE
- ABCdario
- XOGOS HENBEA ON LINE: Memories, simetrías de caras, vestir nenos e nenas, ...
- PORTAIS TEMATICOS E RECURSOS VARIOS
- Versión dixital das regretas de Cuisenaire
- XOGO INTERACTIVO moi práctico para traballar no EDI e a dactilopintura
- Conceptos básicos: diante-detrás, aberto-pechado, etc.
- Xiogos Fisher-price on line para traballar recoñecemento de sons, igual-diferentes, memoria, manexo do rato coloreando,...
- Memory de parellas
- Reláxate movendo o rato
- Xogo on line para aprender a mover o rato
- Move o rato e medrarán flores
- Aplicación flash para coordinar o clic e o movemento do rato
- Aprender a mover o rato evitando que as nubes cubran a pantalla
- Xogos CINCOPATAS
- Cazador de arañas: xogo para traballar o "click" co rato
- Flash de identificación de figuras xeométricas iguais
- Aplicación flash para iniciarse na escritura dos nomes de figuras xeométricas
- Recoñecer formas xeométricas básicas
- Identificar siluetas de obxectos
- Actividade flash de identificación de figuras polo contorno (percepción visual)
- Actividade flash de seriacións
- Xogo flash para identificar as vogais
- Actividades JCLIC: Lóxica, números, orientación, figuras.
- APRENDER AS VOGAIS Actividades Flash
- LETRAS, PALABRAS coñecer as letras, formar palabras, como escribir cada letra
- RECURSOS DIVERSOS PARA EI
- APRENDER AS LETRAS
- PUZZLES INTERACTIVOS EN INGLÉS
- COÑECER AS CORES













