
Borja Romero, director de BJ Adaptaciones estivo como relator nas XII Xornadas de AGPETAL e nas III Xornadas TAGEGa "Inclusión dixital nas aulas: audición, linguaxe e comunicación", para falar dos produtos creados e distribuidos pola empresa para axudar a superar e facer fronte a unha realidade chea de barreiras incapacitantes.
Borja recordou que non se trata SÓ de que a persoa se adapte ó entorno senón que debemos atopar e buscar un entorno menos discapacitante, dendo da corrente que coñecemos DESEÑO PARA TODOS. Ademais, está claro que pensar en todos nos beneficia a todos, facer as cousas máis sinxelas é unha vantaxe para todas as persoas. Borja falou da especial importancia de posibilitar a comunicación, recordando que o importante moitas veces non é cómo faga un as cousas, senón que chegue a poder facelas.
Amosounos as múltiples posibilidades que un pulsador pode ter para traballar a causa-efecto, aumentando a interacción, a participación e a comunicación.
Foi sorprendente escoitar experiencias de cómo un pulsador permite que se convirta en protagonista do grupo de iguais un neno con Parálise Cerebral que ten afectada a capacidade de sopro, apaga as velas da súa tarta de cumpreanos coa axud dun pulsador conectado a un secador que o neno pode activar cando o desexe.
Os comunicadores que permiten grabar mensaxes para que logo o neno/a os reproduza cando o desexe, permiten que o propio neno ou nena conte o que fixo a fin de semá pulsando o comunicador e a través de frases previamente grabadas como "Esta fin de semanafun á praia", sen depender de que un adulto acuda a falar con alguén do centro para poder compartir esta experiencia.
Ademais, se se trata de comunicadores que permiten as grabacións fragmentadas facilitase que poidan manter conversas.

Para as persoas con gran cantidade de vocabulario tamén existen os comunicadores dinámicos; con programas como "The Grid" de BJ Adaptaciones podemos convertir un ordenador nun comunicador dinámico, que se pode persoalizar ó máximo, o que constitúe o seu punto forte. Con el podemos crear taboloeiros de comunicación que se visualizan na pantalla e dende os que o usuario elixe o tema do que quere falar e dentro de cada tema atopa o vocabulario en imaxes necesario.

Presentounos ademais IN PRINT un programa que vai traducindo a símbolos as palabras que imos escribindo, o que supón unha imporatante economización do tempo.
Emprega símbolos creados para fomentar a lectoescritura ó traballar os tempos verbais, posesivos, determinantes, adverbios, cualidades dos nomes, ... Na actualidade disón de 8. 000 símbolos que podemos usar.
1 comentario:
Olá, você sempre nos presenteando com informações necessárias! Estou sempre visitando o seu blog. É um dos que mais gosto! Por isso, tenho um presente para você no meu blog SOS ESTIMULAÇÃO E REABILITAÇÃO VISUAL. Passa lá! O endereço é https://jucimarsidney167.blogspot.com
Publicar un comentario