
É moi habitual a necesidade que atopamos entre moitos nenos e nenas con TEA, plurideficiencias, síndrome de Down, etc. que precisan dunha axeitada estimulación táctil. Un recurso moi útil son as pelotas pequenas de diferente rixidez, textura, cores, etc. que podemos atopar en tendas de todo a 1 euro ou incluso podemos construir a partir de globos que se rechean con diferentes materiais (arroz, macarróns, pasta de diferentes formas e tamaños, garavanzos, fabas, etc.) que teñen un custo moi económico e con moitas utilidades positivas.
Podemos traballar a estimulación táctil con diferentes texturas, podemos traballar conceptos como duro-brando, liso-rugoso, as cores, os tamaños, etc. Pero tamén nos permite traballar habilidades motoras como a coordinación bimanual (pasando obxectos dunha man á outra), a coordinación ollo-man e os turnos se xogamos a pasarlle unha pelota e que despois a volva a pasar, etc.
No hay comentarios:
Publicar un comentario