
Co meu alumno de 13 anos, con varias discapacidades graves en diversas áreas: a nivel motor, oral e de comunicación, e a nivel psíquico, emprego como mínimo en unha ou dúas sesións semanais os instrumentos musicais.
Son ferramentas que, polo xeral, son altamente motivantes e permiten traballar varios aspectos:
1. Incitan á comunicación: eu, por exemplo, úsoas para animar ó neno a usar os pictogramas para realizar peticións e comunicarse.
2. Permiten traballar os turnos, algo fundamental cando se pretende desenvolver a capacidade de comunicarse.
3. Facilitan unha estimulación sensorial: estimulan o oído, o tacto, a percepción das ondas vibratorias, etc.
4. Axudan a traballar nocións temporais como forte/feble á hora de golpear un instrumento, rápido/despacio, longo/curto,...
5. Desenvolven aspectos motores como a coordinación ollo-man, a direccionalidade, a definición da lateralidade, etc.
6. Instrumentos como a trompeta, a flauta ou a armónica permiten potenciar a educación do soplo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario