RECURSOS PARA MESTRAS E MESTRES QUE TRABALLAN CON ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO
AS COUSAS SON IMPOSIBLES MENTRAS O PARECEN.Concepción ArenalNon imos falar de adaptación e integración. Eles como persoas que son, xa están adaptados e integrados na sociedade. É a sciedade a que ten que abri os ollos e velos.Leonor Martínez Monera
sábado, 31 de octubre de 2009
XOGOS EDUCATIVOS VEDOQUE: Fabrica de caras
Este xogo permítenos traballar as expresións faciais, as partes da cara, etc. Para acceder preme no seguinte enlace: FABRICA DE CARAS
A MIÑA INTENCIÓN: Buscando vieiros cara a comunicación
Este blog está dirixido especialmente á aqueles profesionais que están traballando con alumnado que precisa dun sistema alternativo de comunicación á lingua oral para interactuar co seu medio social. Pero tamén pretende acercar a realidade destes nenos ó resto do profesorado, ás familias e a unha sociedade á que é preciso concienciar das necesidades de nenos non orais pero que tamén se comunican aínda que non sexa a través dos códigos ós que estamos acostumados, como son a linguaxe oral e a escrita.
Ás veces, os nosos alumnos/as non cumpren os prerrequisitos para acceder ós SAC (Sistemas ALternativos de Comunicación) ou non é posible que sigan a metodoloxía que se recomenda para a súa ensinanza-aprendizaxe. Eso non significa que non sexan capaces de comunicarse. Si o fan, tan só hai que estar dispostos a buscar a vía para chegar á comunicación. A FLEXIBILIDADE debe guiar a nosa intervención e a crenza en que non só son estes nenos e nenas os que deben aprender un SAC senón que TAMÉN NÓS TEMOS QUE APRENDER A ESCOITAR AS SÚAS MENSAXES, emitidas en ocasións dende o silencio.
A COMUNICACIÓN NON TEN POR QUÉ TER PALABRAS
Non poder falar non é o mesmo que non ter nada que dicir
QUÉ É UN SAAC (Sistema Alternativo ou Aumentativo de Comunicación)
A Comunicación Aumentativa e Alternativa enténdese nun sentido amplo como un conxunto de todas as opcións, sistemas ou estratexias que se poden empregar para facilitar a comunicación de toda persoa que ten dificultades graves para a execución da fala seguindo a TORRES (2001) no seu libro "Sistemas Alternativos de Comunicación. Manual de comunicación aumentativa y alternativa: sistemas y estrategias".
A ESENCIA DUN SISTEMA ALTERNATIVO DE COMUNICACIÓN
Ó longo dos anos e a través de múltiples investigacións e traballos imos deseñando sistemas para comunicarnos con aquelas persoas que non poden facelo a través da lingua oral. Á par que creamos estes sistemas, tamén deseñamos a metodoloxía que parece máis aconsellable para o seu ensino-aprendizaxe. Pero nalgúns casos, as persoas non cumpren os criterios necesarios para chegar a aprender estes sistemas.
Leer con pictogramas
Material de apoio para a comunicación con pictogramas
Programa do Plan de apoio no que me baseo para ensinar un SAAC
COMO ESTOU ENSINANDO UN SISTEMA ALTERNATIVO DE COMUNICACIÓN
Con esta pequena explicación non pretendo ensinar a ninguén cómo é o método para ensinar símbolos pictográficos, senón contar a miña experiencia cando iniciei este traballo cun neno non oral que non estaba acostumado a utilizar pictogramas e cunha capacidade de atención e concentración moi baixa. Partín do seu interese pola música para atraer a súa atención e incentivar a súa motivación; de modo que para cada "picto" elaborei unha presentación de powerpoint na que se combinan música e imaxes. Estas imaxes que vai visualizando na presentación correspóndense con representacións reais dos obxectos que queren simbolizar os pictos, de modo que lle proporcionamos ó neno un montón de imaxes do mundo real (e nalgúns casos debuxos) para que comprenda o significado de cada símbolo. A intención é proporcionarlle as experiencias máis reais e significativas posible. Desta forma para ver a presentación multimedia (ELEMENTO MOTIVADOR) o neno ten que coller o picto correspondente.
ENLACES PARA A ELABORACIÓN DE PICTOGRAMAS E TABOLEIROS DE COMUNICACIÓN
LÁMINAS PARA COLOREAR AGRUPADAS POR BLOQUES TEMÁTICOS
Centro de Referencia Estatal de Autonomía Persoal e Axudas Técnicas (Ceapat)
El O CEAPAT ten como misión contribuir a facer efectivos os dereitos das persoas con discapacidade e persoas maiores, a través da accesibilidade integral, os productos e tecnoloxías de apoio e o deseño pensado para todas as persoas.
SINTETIZADORES DE VOZ: convertir textos, contos, etc. en mensaxes de voz.
HODGDON, Linda (2005): Estrategias visuales para mejorar la comunicación. Ayudas prácticas para la escuela y el hogar. QuirkRoberts. EEUU. ISBN: 0-9616786-4-X
LÓPEZ DE MURILLAS, E.M. (Coord.) (2006): Lectoescritura para todos. Ministerio de Educación y Ciencia. servicio de publicaciones del MEC (www.mec.es) ISBN: 970-84-369-4456-3
DÍAZ CARCELÉN, L. (2003): Las voces del silencio. Una comunicación sin límites. Consejería de Educación y Cultura. ISBN: 84-7564-262-2
TORRES, S. (2001): Sistemas alternativos de comunicación. Manual de comunicación. ISBN: 8497000315
ESTIMULACIÓN ORAL E CONCIENCIA FONOLÓXICA: Disfrutamos falando
Actividades para mellorar a aprendizaxe das trabadas
IMAXES PICASSA DO BLOG DE PROFES DE AL
Moi boas imaxes de picotgramas, escaneos de fichas de comprensión e expresión, terapia miofuncional, etc.
RECURSOS ESPACIO LOGOPEDICO
Información sobre produtos relación coa atención á diversidade na competencia lingüística
WEB DE LOGOPEDIA
Resultados de analises de software para logopedia, recursos e materiais, enlaces,...
XOGOS COS FONEMAS E COS SINFÓNS
Aportacións das TIC á Logopedia Escolar
COMUNICA: FERRAMENTAS PARA A MELLORA DA COMUNICACION DE PERSOAS CON ALTERACIONS NA FALA
Descarga de VOCALIZA (Programa logopédico), imaxes para o programa Vocaliza, ferramentas para o prelinguaxe,...
EXPLICACIÓN ON LINE SOBRE A DISLEXIA: Que é, características, forma diferente de aprender,...
DISFAM Asociación Dislexia e Familia
Disfam está integrado por familias con fillos e fillas con dislexia, profesionais de diferentes ámbitos, adultos disléxicos etc, que decidiron agruparse sensibilizados polas dificultades de aprendizaxe durante a etapa infantil e adulta e tamén polas consecuencias emocionais que este trastorno conleva.
RECURSOS PARA TRABALLAR CO ALUMNADO DE INCORPORACIÓN TARDÍA
XOGOS PARA INFANTIL: Cores, letras, números, música,...
MÉTODO DE LECTOESCRITURA DE TOMÁS BERNAL
Propón actividades, explica a metodoloxía e pódense descargar fichas
ACTIVIDADES DE LECTOESCRITURA
LETRAS DE CORES
EXERCICIOS DE INICIACIÓN Á LECTOESCRITURA
PANDILLA DE LETRAS: Xogo de lectoescritura
PLANETA ANIMADO: Recursos para educación infantil
Aplicación en Jclic para traballar a lectoescritura
C.E.P.R Pablo de Olavide
APRENDER A LER
A ILLA DAS LETRAS
Aprendizaxe das letras coa axuda dos animais que levan cada letra no seu nome e van presentando diferentes probas que pasar
XOGAR COAS LETRAS Goberno de Canarias
ZOO DAS LETRAS
Cada letra ven asociada ao conto dun animal e a unha canción
Xoga coas letras no ZOO
Iniciación á lectura, unindo letras para formar a palabra que identifica ao animal representado. Desenvolve tamén a percepción espacial de figuras de animales e da súa sombra
Xogos didácticos para a educación infantil: numeros, cores, vocabulario e autonomía no entorno, ...
Preme sobre a imaxe para acceder
Xogo para aprender a contar
Preme sobre a imaxe e accede as actividades
Vocabulario pictográfico para palabras de dificultade ortográfica
VÍDEOS DE POCOYO
KÍDEOS. Vídeos para nenos e nenas clasificados por idades
JUEGOS PARA LA ESTIMULACIÓN TEMPRANA
Xogos flash aportados pola escola de Samieira
CONTOS LIDOS E CON ACTIVIDADES
A BIBLIOTECA PREESCOLAR
Conto, actividades en rede, exercicio para casa e lista de libros sobre diferentes temas: cores, cocodrilos, música, as figuras, etc.
Autonomía e identidade: coñecer o propio corpo e o dos demais
ACTIVIDADES PARA TRABALLAR A LECTOESCRITURA
Tamén válido para o 1º ciclo de Educación Primaria
REFORZO DO RECOÑECEMENTO E REALIZACIÓN DAS GRAFIAS DAS LETRAS
TESTEANDO
Xogo de preguntas on line para repasar de forma lúdica os contidos de ESO e Bacherelato
1 comentario:
good....................................................................................................
Publicar un comentario