
Segun as noticias recollidas nos medios de comunicación, estase negociando un Pacto de Estado educativo, que será, sen dúbida, un instrumento proveitoso para o Sistema Educativo. Na proposta de pacto non se reflicte ningunha referencia explícita nin á problemática nin ás necesidades educativas especiais dos nenos con diversidade funcional, que tamén teñen dereito a que se lles garanta unha educación de calidade en igualdade de oportunidades.
A inclusión educativa e social dos nenos con Necesidades Educativas Especiales non se está dando en termos de igualdade, debido a moitas razóns: falta de recursos humanos, medios especializados, formación específica profesorado, falta de medios técnicos…: Esto supón unha discriminación.
Con este blog preténdese buscar o apoio e a unión para loitar por unha educación en igualdade para todos e para todas. No blog poderás atopar máis información e asinar para apoiar as súas peticións:
INCLUSIÓN NO PACTO EDUCATIVO DE ESTADO
No hay comentarios:
Publicar un comentario