ORIENTACIÓNS PARA AS FAMILIAS SOBRE A ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE INFANTIL
A MIÑA INTENCIÓN: Buscando vieiros cara a comunicación
Este blog está dirixido especialmente á aqueles profesionais que están traballando con alumnado que precisa dun sistema alternativo de comunicación á lingua oral para interactuar co seu medio social.
Pero tamén pretende acercar a realidade destes nenos ó resto do profesorado, ás familias e a unha sociedade á que é preciso concienciar das necesidades de nenos non orais pero que tamén se comunican aínda que non sexa a través dos códigos ós que estamos acostumados, como son a linguaxe oral e a escrita.
Ás veces, os nosos alumnos/as non cumpren os prerrequisitos para acceder ós SAC (Sistemas ALternativos de Comunicación) ou non é posible que sigan a metodoloxía que se recomenda para a súa ensinanza-aprendizaxe. Eso non significa que non sexan capaces de comunicarse. Si o fan, tan só hai que estar dispostos a buscar a vía para chegar á comunicación.
A FLEXIBILIDADE debe guiar a nosa intervención e a crenza en que non só son estes nenos e nenas os que deben aprender un SAC senón que TAMÉN NÓS TEMOS QUE APRENDER A ESCOITAR AS SÚAS MENSAXES, emitidas en ocasións dende o silencio.
QUÉ É UN SAAC (Sistema Alternativo ou Aumentativo de Comunicación)
A Comunicación Aumentativa e Alternativa enténdese nun sentido amplo como un conxunto de todas as opcións, sistemas ou estratexias que se poden empregar para facilitar a comunicación de toda persoa que ten dificultades graves para a execución da fala seguindo a TORRES (2001) no seu libro "Sistemas Alternativos de Comunicación. Manual de comunicación aumentativa y alternativa: sistemas y estrategias".
A ESENCIA DUN SISTEMA ALTERNATIVO DE COMUNICACIÓN
Ó longo dos anos e a través de múltiples investigacións e traballos imos deseñando sistemas para comunicarnos con aquelas persoas que non poden facelo a través da lingua oral. Á par que creamos estes sistemas, tamén deseñamos a metodoloxía que parece máis aconsellable para o seu ensino-aprendizaxe.
Pero nalgúns casos, as persoas non cumpren os criterios necesarios para chegar a aprender estes sistemas.
Programa do Plan de apoio no que me baseo para ensinar un SAAC
COMO ESTOU ENSINANDO UN SISTEMA ALTERNATIVO DE COMUNICACIÓN
Con esta pequena explicación non pretendo ensinar a ninguén cómo é o método para ensinar símbolos pictográficos, senón contar a miña experiencia cando iniciei este traballo cun neno non oral que non estaba acostumado a utilizar pictogramas e cunha capacidade de atención e concentración moi baixa.
Partín do seu interese pola música para atraer a súa atención e incentivar a súa motivación; de modo que para cada "picto" elaborei unha presentación de powerpoint na que se combinan música e imaxes. Estas imaxes que vai visualizando na presentación correspóndense con representacións reais dos obxectos que queren simbolizar os pictos, de modo que lle proporcionamos ó neno un montón de imaxes do mundo real (e nalgúns casos debuxos) para que comprenda o significado de cada símbolo. A intención é proporcionarlle as experiencias máis reais e significativas posible.
Desta forma para ver a presentación multimedia (ELEMENTO MOTIVADOR) o neno ten que coller o picto correspondente.
BIBLIOGRAFÍA PARA TRABALLAR CUN SAAC
- Páxina da asociación española para o desenvolvemento dos SAAC
- HODGDON, Linda (2005): Estrategias visuales para mejorar la comunicación. Ayudas prácticas para la escuela y el hogar. QuirkRoberts. EEUU. ISBN: 0-9616786-4-X
- LÓPEZ DE MURILLAS, E.M. (Coord.) (2006): Lectoescritura para todos. Ministerio de Educación y Ciencia. servicio de publicaciones del MEC (www.mec.es) ISBN: 970-84-369-4456-3
- DÍAZ CARCELÉN, L. (2003): Las voces del silencio. Una comunicación sin límites. Consejería de Educación y Cultura. ISBN: 84-7564-262-2
- TORRES, S. (2001): Sistemas alternativos de comunicación. Manual de comunicación. ISBN: 8497000315
2 comentarios:
Thank you for another great article. Where else could anyone get that kind of information in such a perfect way of presentation.
India exporter
Indian exporters directory
Online Advertisement
Post Free Ads
Hey I love your style I will subscribe for your feed please keep posting!
Car Hire Pune
Rent A car pune
Car Hire Pune
Airport pick and drop pune
Tours & Travels in pune
Air ticket agent in pune.
Top Tours and travels in pune
Tour Bus Facilitator in pune
Top travel agent in pune
Travel agent pune
Publicar un comentario