O Liebster Blog Award concédese entre blogueros coa finalidade de dar a coñecer pequenos blogs, de menos de 200 seguidores. Ao recibir o premio aceptas cumprir unha serie de condicións:
- Nomear e agradecer o premio á persona que cho concedeu.
- Responder ás once preguntas que che formule.
- Conceder o premio a outros once blogs que che gusten e que estén empezando.
- Formular once preguntas para que respondan os blogueros aos que premias.
- Visitar os blogs que foron premiados xunto co teu.
- Informar aos blogueros do seu premio.
Así que para cumprir con estos requisitos, contestare ás once preguntas que me formulan:
1. Por que decidiches crear un blog e cándo empezaches?
Fai 5 anos cando empecei a traballar como mestra de PT para difundir que non debemos perder a esperanza e que por moi difícil que nos resulte sempre hai algo que podemos desenvolver en todos e todas os alumnos/as.
2. Que che aporta tener un blog?
Poder intercambiar experiencias.
3. Cal foi o post do teu blog que máis éxito tivo? A que o atribúes?
As actividades que poño en práctica na aula como os LIM supoño que porque son prácticos e aportan ideas para novos materiais.
4. Utilizas las redes sociales?
Si, pero profesionalmente só para formarme non para publicar eu.
5. Para ti, que significa educar?
Desenvolver ao máximo ás potencialidades dunha persoa para ir formando seres o máis autónomos e críticos posible.
6. Viviches algún feito importante a través do blog?
Si. Cando as persoas de TADEGA se puxeron en contacto comigo para dar a coñecer o meu traballo nunha das súas xuntanzas.
7. De onde che nace a inspiración para escribir e continuar co blog?
De todo o que disfruto coa miña profesión e do importante que me resulta coñecer outras experiencias e ter unha especie de rede entre os profesionais da educación.
8. Que aprendiches a nivel personal o profesional no último ano?
Que continuamente aprendemos e medramos, especialmente ante as difcultades.
9. Cal é a túa frase favorita sobre educación?
O maior ben que lle podemos facer a alguén non é comunicarlle a nosa sabedoría senón facerlle descubrir a súa.
10. Que consello darías ás persoas sobre o mundo dos blogs?
Que se animen a probar a experencia porque é tremendamente enriquecedora e faiche entrar nun círculo de enormes profesonais que non dexan de aportar cada día ideas, materiais, ilusións,...
11. Casi todos os que temos un blog, escribimos sobre o que realmente nos gusta ou motiva, como lle explicarías a alguén a importancia da vocación por algo, de perseguir os soños...?
A forma de desenvolvernos plenamente, medrar como persoas e de acadar un grao de satisfacción positivo é loitar por aquelo no que cremos, aquelo que nos vai manter a ilusión e seguir buscando novos soños e metas que acadar.
Os meus once blogs premiados co Liebster Blog Award son:
No hay comentarios:
Publicar un comentario