Aínda que xa está a entrada algo máis ampliada no Blog de APRENDER A CONVIVIR cheguei tan satisfeita do Foro que quero difundir esta actividade tamén por aquí.
Esta fin de semana estiven en Santiago de Compostela no Foro Galego de Educación en Igualdade. Como novidade con respecto a outros iniciativas, este ano estivo centrado na masculinidade. Precisamos construir novas masculinidades se queremos conseguir unha igualdade real.
Ata o momento a maioría das iniciativas están centradas en que muller teña as mesmas posibilidades no mundo formativo e laboral, na prevención e denuncia das situacións de violencia de xénero, na liberdade e autonomía da muller, etc.
Pero esquecemos que eles, os homes, os rapaces,... teñen que asumir responsabilidades. É cuestión de xustiza; a muller non pode entrar no mundo laboral pero seguir asumindo o mundo doméstico.
Tampouco podemos esquecer a falta dunha formación para os coidados e labores que implican o ámbito doméstico; nin esquecer a necesidade dunha educación emocional, que desenvolva habilidades como a empatía.
Aquí vos deixo unha serie de imaxes que serven para a reflexón sobre parte dos contidos traballados ao longo do Foro.
2 comentarios:
Parece que foi un foro máis que interesante. Graciñas por compartilo con nós. Unha aperta.
Creo que era moi aproveitable e cun enfoque non moi frecuente polo momento. Un saúdo!!
Publicar un comentario