Esta fin de semana estiven no primeiro encontro de matemáticas para Infantil e Primaria e a experiencia fíxome reafirmar o que levo pensando moito tempo: a necesidade de cambiar a forma de ensinar matemáticas. Seguimos enchendo as follas dos cadernos dos nosos alumnos e alumnas con operacións e operacións que reafirman o algoritmo das operacións matemáticas, cando en moitos casos non acaban de entender exactamente o que son esas operacións, por iso restan dous números e obteñen unha cifra maior e moitas veces non nos paramos a reflexionar con eles e elas sobre esto porque temos un libro de texto cheo de exercicios que temos que acabar.
Levo anos incidindo en que non lles vai servir de moito saber sumar e restar se non saben en que situacións teñen que sumar, en cales restar, ... temos que empezar a formar alumnos/as cunha boa competencia matemática non con algoritmos automatizados.
Aínda que xa ten uns anos, o libro "El niño reinventa la aritmética" contén numerosas ideas para estimular a mente dos nosos nenos e nenas. Tamén podemos atopar outras dúas partes que o complementan.
Tamén vos deixo unha idea que nos deron no curso e que me encantou para traballar os símbolos de maior e menor:
1 comentario:
A min tamén encantoume o encontro matemático. A ponencia de Tony Martín estivo fantástica e eu creo que nos fixo reflexionar a máis de un. Un saúdo.
Publicar un comentario