O ano pasado non puido ser posible e este case case tampouco o consigo pero finalmente o sábado 22 de novembro estiven en Santiago nas III Xornadas de Atención á Diversidade. Delas, sobre todo quero destacar que non esperaba como moitas outras veces esperando receitas ou exercicios milagrosos que permitan corrixir as dificultades que teñen os meus alumnos e alumnas.
Jose Ramón Gamo (Pizarras Abertas) fíxome pensar moi en serio sobre cómo estamos traballando nas aulas entranando en lectura, comprensión,... deixando a un lado as funcións executivas que son as que nos levan a poder razonar, procesar, inferir, extraer información,... Pensamos que ante un problema de comprensión lectora temos que traballar este aspecto, recurrindo por exemplo a un caderno con textos para que lea o rapaz ou rapaza, e logo conteste preguntas, pero... e se hai un problema de atención, unha dificultade para procesar máis de 8 unidades lingüísticas como é o caso dun TEL,... Serve de algo este caderno?
En varios momentos tiven a sensación de que somos moitas veces os docentes os que creamos algunhas das dificultades ou NEAE dos alumnos e alumnas cando é posible que cambiando a forma de traballar na clase, as dificultades xa non sexan un condicionante do proceso de aprendizaxe.
Tamén foi moi interesante a charla de Francisca Fariña sobre cómo axudar aos nenos e ás nenas ante os procesos de separación dos seus pais, especialmente cando a xestión deste proceso non é a axeitada e pode derivar nunha situación de estrés tóxico para o rapaz/a con impacto tanto emocional como escolar ou físico. Non é fácil atopar formación ou información sobre este tema, e como curiosidade ata deportistas de alto nivel como Rafa Nadal confesaron ver afectados os seus músculos coas conseguintes lesións cando, xa de adultos, afrontaron este proceso.
Quédome con outra interesante proposta, que non é fácil atopar nos centro, no canto de que as aulas nas que se detectan maiores dificultades de aprendizaxe entre o alumnado non queden para os últimos que chegan ao centro, non porque non estén capacitados ou capacitadas, senón porque este alumnado necesita especialmente dunha continuidade no traballo, nas liñas de intervención, de traballo,...
E por último, tamén me axudou moito a comprender máis sobre o alumnado inantento (aínda que eu prefiro o tempo cognitivo lento que nalgún caso se asomou como un novo tipo de DA) a charla de Sara Ortega Tapia, algo difícil porque as miñas expectativas a este respecto eran difíciles de cumplir e eran o principal motor para asistir a estas xornadas, que en resumo foron moi moi productivas, e sobre todo removeron moitas cousas en min.
E por último, tamén me axudou moito a comprender máis sobre o alumnado inantento (aínda que eu prefiro o tempo cognitivo lento que nalgún caso se asomou como un novo tipo de DA) a charla de Sara Ortega Tapia, algo difícil porque as miñas expectativas a este respecto eran difíciles de cumplir e eran o principal motor para asistir a estas xornadas, que en resumo foron moi moi productivas, e sobre todo removeron moitas cousas en min.
1 comentario:
Sen dúbida unha gran xornada, profe. Unha aperta.
Publicar un comentario