Un dos meus alumnos cursa 2º de Primaria (permanece un ano máis por problemas de lectoescritura) e reflexionando sobre a importancia da lectura e da escritura dende os primeiros anos de Educación Primaria como base para todo o percorrido polo sistema educativo, decidín (en coordinación coa titora) que o fundamental era reforzar a lectura (algo que creo que conseguimos e cuns estupendos resultados especialmente na motivación de cara a lectura) con materiais diversos: contos, libros LIM, libros informativos sobre temáticas motivadoras para o alumno,... e a escritura. Para esto último decidín traballar con diferentes tipos de textos:
A descripción de animais, traballando previamente como se fan as descripción, lendo algunha, con organizadores que axuden a pensar en qué aspectos ir mencionando,...
A carta e a postal, que logo se enviou por correos como felicitación de Nadal á familia.
Investigamos sobre o tractor e de novo facemos unha descripción.
Ademais destos textos tamén traballamos a receita da nosa comida favorita, o cómic (enchendo diálogos en cómics xa feitos, por agora non creamos nós un cómic por completo) e os contos (nunha entrada anterior aparecía unha historia de medo de Halloween).
1 comentario:
Moi bo traballo. Un saúdo.
Publicar un comentario