Con motivo do Día Internacional da Muller este ano decidimos facer unha homenaxe ás mulleres deportistas, especialmente aquelas que chegaron ás Olimpíadas, despois de que este pasado verán as deportistas españolas gañaran 11 das 17 medallas para España.
Coa colaboración do alumnado de 2º da ESO que cursa á alternativa ao Francés (Laura, Luis e Lucía) gravamos un pequeno vídeo onde se narra a historia da muller e o deporte dende as antigas civilizacións. Aquí tedes o resultado:
Ademais, en colaboración coa Profesora de Lingua Galega en ESO, os rapaces e rapazas fixeron parte dos carteis coas biografías das 11 medallistas españolas de Londres 2012.
Cos pequenos de Infantil introdúcese o tema das Olimpíadas co seguinte vídeo:
Despois falamos sobre quen participa, que deportes hai, en cales hai homes e mulleres, etc.; traballamos co seguinte LIM na Pizarra Dixital:
E rematamos cunhas pequenas probas olímpicas para todos e todas os nenos e nenas de Infantil, que se levarán tamén unha medalla pola súa participación.
2 comentarios:
Me encanta la idea y todo el trabajo que habéis hecho para la celebración del día internacional de la mujer. ¡Fantástico! Un saludo.
Me gusta tu blog. Por eso lo he elegido para darle un premio simbólico, el Liebster Blog Award. Te dejo un enlace con la entrada. Un saludo!
http://orientacioncondesa.blogspot.com.es/2013/03/liebster-blog-award.html
Publicar un comentario